George Carlin

17 Abr
Advertisements

Os Viños Galegos por Álvaro Cunqueiro

4 Abr

Eu podía darlle unha volta ao país coa taza cunca do meu apelido na man. E comenzando polas cepas luguesas, indo aos ribeiros do Miño, que son os primeiros os de Portomarín dos Cabaceiros de San Xoán. Denantes foron, en Loio, as viñas dos templarios: xa dixo Castellá y Ferrer, una montañuela toda de viñas, pequeña. Uns viños lixeiros e acedos, ás vegadas cunha agulla moi solta e fresca. De aquí son moi boas augardentes, quizabes as máis poderosas de toda Galicia, moi tesas no seu secor. Eu diría que a súa fortaleza e terquedade véñenlles a estas augardentes de que as viñas nais están plantadas preto de onde foron os camposantos dos templarios e dos sanxoanistas, e acoden a elas, pola soterra, as cales dos ósos dos soberbios cabaleiros de antano. Mido abaixo, está o país de Chantada, cos ribeiros miñotos de Asma e de San Fiz, coas viñas de Belesar: aquí melloran os viños, máis os tintos que os brancos, e hai cepas de caíño – de caliginus, é dicir, escuro, fusco-, e de mencía, a boa leonesa. Para min, os mellores son os tintos de San Fiz, que as monxas de Chouzao mandaban ás súas irmás de San Paio de Antealtares, en Compostela. Son moi serios estes viños chantadinos, cun corpo levián e suave, e ainda que tintos pódense beber frescos, co frescor das adegas da ribeira dereita do Miño en Belesar. Eu recordarei sempre dun día que fun acolá, e estaba enchendo o embalse de Belesar, e xa cubriran as augas a vella ponte, que parece que foi romana e logo refeita nos días medievais, e da tona das augas ainda xurdian as ponlas duns pexegueiros, floridas en roxo, que era comezos de maio, e eu bebía do viño da adega, sentado á porta desta, e pareciame melancólico, pero a tristeira era miña, de ver tanta terra e aquelas flores roxiñas afogar nas augas escuras da presa…

Máis embaixo xa están os tres rios nos Peares. O Sil coñece as viñas do Valdeorras, onde entre todos os viños brancos triunfa o que chaman godello, que é dos primeiros brancos que dá o país. Algúns tintos de Valdeorras son moi propios para unha lacoada. Os viños do Cabe son froxos, pero ledos, e máis serios os de Quiroga. Hai tintos mois honestos polos ribeiros do Sil, e algúns acorpachados, bos compañeiros nas merendolas. Por acolá anda un río, que chaman Bibey, e unhas viñas famosas, que din de Amandi. Deste tinto dlxose que era grato a Augusto, e non sei a realidade do conto, e se Augusto o bebeu na Hispania ou llo levaron a Roma. Os mellores Amandi que eu bebín lembráronme algún bordelés, algún viño do Médoc, “as pálidas violetas do Médoc” que dixo o poeta, e por comparanza tivenos xuntos na mesa. Un viño ilustre, sen dúbida o de Amandi, moi cortés, recatando o “bouquet” ao comenzo, para despois deixar que viva na boca aquel lento perfume, e vala e veña…

Segue habendo viño preto do Miño, que xa bebeu os outros rios. En Ribadavia o Miño recibe pola dereita o Avia. Os ribeiros do Avia dan grandes viños. En Gomariz eu deletreaba todas as cepas vellas do pais: caíño, brencellau, mencía, tintilla, tarrantés, treixadura, godello, lado, albariño… (Xa sei que agora hai outras cepas, e que se queren colleitas longas, vendimas fartas, e que as vellas cepas do pais dan pouco. Sei todo o que se di, e algo máis, e sei que hai que buscar onde están escusados, en que adega viven os grandes vinos nosos. Algunha que outra vez, tócame un ao que hai que tirarlle a pucha). Hai grandes tintos en Beade, en Gomariz, en Leiro, en Cabanelas, en moitas adegas ribeiranas. Eu gusto dos brancos que levan máis dunha metade de treixadura: son os viños para aperitivo de estudiosos, do P. Feixoo ou do mestre Otero Pedrayo, e á tardiña, preparan a alma para a contemplación das brillantes estrelas. Os albariños do Ribeiro do Avia son diferentes dos albariños de Arbo, e estes dos de Soutomayor, pofío por caso, e os do Salnés.

Miño abaixo, damos con Salvaterra e o seu condado, célebre dende Pedro Madruga. Digo os nomes maiores do Condado: Rubiós, Tortoreos, Meder. Con algúns tintos do Ribeiro do Avia, hai que poñer os destas partes. Eu aseguro que o mellor tinto galego que catei na miña vida, foi un de Rubiós: ¡Deus, que ancho era, que farto, que amistoso, que quentador, que conselleiro! Se en Ribadavia, por maio, lle fan festa ao viño do Ribeiro, polo verán en Salvaterra de Miño fana aos vinos do Condado, cando son as calores San Lourenzo, o patrón. Eu, que catei acolá nalgunha destas festas, levo na memoría algún que outro tinto perfecto… Outros viños son os do val do Rosal, onde din que houbo en tempos de antes da filoseira moita treixadura. Hai viños moi bos, coa súa agulla, con moito “bouquet”. Os tintos, lixeiros, brincadores na boca, van moi ben coa lamprea, e os brancos coas angulas fritidas ou empanadas. (Non pensen que é viño do Rosal esa purrela gaseada que dan nos bares das vilas). Atrás, en Ourense, quedáronnos os viños do val de Verín. Eu bebía nun restaurante da Coruña, un branco de por aló, que era de colleita de D.Benito Blanco Raxoy. Tiran máis aos viños de Valdeorras e da Rúa-Petin que aos dos ribeiros do Avia. Son uns viños graves e francos.

Ao albariño do Salnés fáiselle festa todos os anos de Deus na vila de Cambados. Acoden puntuais os albariños das viñas ribeiranas do mar, que son un algo máis doces, e os de terra adentro, máis secos. Tantos anos catando, xa sabe un de qué parroquia son, se de Ribadumia ou de Fefiñáns. Coido que un bo albariño é o mellor branco do noso país. Agora, cos adiantos de escola, todos teden a mesma color, pero eu aínda me lembro dunha varia gama de ouros, que amencían nas copas da capa corno fillos de soles diferentes. Non lembran para nada as cepas nais do Mosela e do Reno, de onde as trouxeron os monxes de Cluny e do Cister. Umia abaixo, dende Caldas de Reís, había unha nobre e antiga cepa de tinto, da que só restan memorias, case: o espadeiro. Eu bebino de pe na ponte, en Ponte Arnelas, ollando irse aquel docisimo Umia ao mar. Se houbese un home tan compañeiro, tan home compango de home, irías con el polo mundo adiante, da man. Un vino vivo, locuaz, despreguizador, anainante.

Hai que ir á Ulla a beber uns vinos fraques e acedos, ou darlie unha volta á península do Morrazo e catar os brancos de Nerga e de Donón, e despois rubir ata Betanzos, a refrescar co agudelo de acolá, fillo das cepas máis septentrionais de Galicia, co saúdo do ramallo de loureiro no dintel da porta da adega. Ten esa roxa color lúcida da espinela. Viño escasamente graduado e betanceiro, nos bos anos ten unha gracia inesquencible.

Fanse moi boas augardentes en case que toda a Galicia vinicola. Xa falamos das de Portomarín. Son moi boas as valdeorresas e as ribeiranas, secas e máis duras as do Condado, finas e suaves as do Salnés e as da Ulla, e tamén as de Betanzos. Coas augardentes faixe licor café, e póñense nela guindas e cereixas, e pexegos, e faise augardente de herbas, con doce ou catorce diferentes, algunhas destas augardentes tan boas coma as da receita da Grande Cartuxa. Nos derradeiros tempos, púxose de moda o queimar augardente, a agora famosa “queimada”: seis culleradas de azucre por libra de augardente, e a pela dun limón. Nada de botarlie café, que lle arrouba á augardente todo o seu sabor. En todo caso, unha cunca de viño cando xa está a queimada, e se vai deixar apagar.

Aos galegos gústannos os nosos viños. Quizabes porque teñen máis ganas de falar ca nós, ou  porque teñen un sabor fuxitivo, e buscándollelo, rememoramos tempos, lugares, xentes, amores, despedidas..

roubado de “A Cociña Galega” de Álvaro Cunqueiro.

Josep Pla

19 Mar

Este año ha sido publicada una nueva edición corregida del dietario novelado de Josep Pla “El Cuadern Gris”, el cual ha llegado a mis manos en forma de regalo en su versión castellana.

He comenzado la lectura del tocho en cuestión y al mismo tiempo me ha surgido la necesidad de indagar sobre la figura del periodista catalán, al que algunos comparan con nuestro gran Cunqueiro.

Josep Pla fue uno de los invitados en el programa de entrevistas “A Fondo”  con Soler Serrano. A continuación la entrevista:

Últimas lecturas

13 Feb

“La Banda de la Tenaza” Edward Abbey

“El Cementerio de Praga” Umberto Eco

“Ponche de Ácido Lisérgico” Tom Wolfe

“Don Quijote de la Mancha” Cervantes

“Guerra y Paz”  Lev Tolstoi

“Ébano” Ryszard Kapuscinski

“Anna Karénina” Lev Tolstoi

“Os libros arden mal” Manuel Rivas

“Ciudad del hombre: Nueva York” Jose María Fonollosa

Mais datos das eleccións

23 Out

Antes de facer ningún comentario porei uns datos moi ilustrativos de como funciona a “democracia” en algúns concellos galegos.

 

Premer enriba das imaxes para amplialas:

Datos sobre as Eleccións Galegas 2012

23 Out

Eu son dos que pensa que a mellor valoración dos datos dunhas eleccións ven dada polo estudo en profundidade dos resultados.

As cifras totais non vou a repetilas xa que están dispoñibles na web:

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU11999CM_L2.htm

Algo importante a ter en conta é que aínda non se computan os votos dende o exterior.

Isto inflúe sobre todo nos datos de abstención que neste momento non son reais. Agora mismo estanse a comparar os datos da abstención no 2009 tendo en conta a abstención exterior, cos do 2012 faltando todavía o reconto dos votos do censo exterior.

Isto é importante porque estímase que dos 300.000 eleitores no exterior soamente faran efectivo o seu dereito un dez por cento. Isto fai variar a porcentaxe de abstención aumentándoa e facendo maior o diferencial coas eleccións anteriores.

Esta é a razón de que as cinco da tarde do domingo electoral o diferencial co 2009 na abstención era de 7 puntos (estábanse a comparar os datos do 2012 cos datos de fai 4 anos a mesma hora, é dicir, sen ter en conta o voto exterior) , e por contra os datos de abstención ao peche dos colexios no 2012 comparábanse cos totais do 2009 incluíndo a abstención no voto exterior.

Aparte

Dúas películas sobre a loita obreira

6 Xul

1900 (Novecento)

TÍTULO ORIGINAL Novecento (1900)
AÑO 1976
DURACIÓN

314 min.

PAÍS

DIRECTOR Bernardo Bertolucci
GUIÓN Franco Arcalli, Giuseppe Bertolucci, Bernardo Bertolucci
MÚSICA Ennio Morricone
FOTOGRAFÍA Vittorio Storaro
REPARTO Gérard Depardieu, Robert De Niro, Dominique Sanda, Stefania Sandrelli, Donald Sutherland, Burt Lancaster, Sterling Hayden, Francesca Bertini, Laura Betti, Werner Bruhns, Stefania Casini, Anna Henkel, Ellen Schwiers, Alida Valli, Romolo Valli
PRODUCTORA Coproducción Italia / Francia / Alemania; Paramount Pictures Release
GÉNERO Drama | Amistad. Histórico. Años 1900 (circa)
SINOPSIS En el año 1901, en una finca en el norte de italia, nacen el mismo día el hijo de un terrateniente y el hijo de un bracero. La película narra la vida de ambos y sus respectivas familias durante ochenta años. La amistad de los protagonistas se verá nublada por sus diferentes actitudes frente al fascismo. Famoso drama que hace un complejo recorrido político y social por la Italia del siglo XX. (FILMAFFINITY)

Germinal

TÍTULO ORIGINAL Germinal
AÑO 1993
DURACIÓN

158 min.

PAÍS
DIRECTOR Claude Berri
GUIÓN Claude Berri & Arlette Langmann (Novela: Émile Zola)
MÚSICA Jean-Louis Roques
FOTOGRAFÍA Yves Angelo
REPARTO Gérard Depardieu, Renaud, Miou-Miou, Jean Carmet, Jean-Roger Milo, Judith Henry, Laurent Terzieff, Jean-Pierre Bisson, Bernard Fresson, Jacques Dacqmine, Anny Duperey
PRODUCTORA Coproducción Francia-Bélgica-Italia; Renn Productions / France 2 Cinema / DD Productions / Alternative Films / Nuova Artisti Associati
GÉNERO Drama | Histórico. Siglo XIX
SINOPSIS Etienne Lantier, un joven parado, se establece en Montsou, un pueblo del Norte de Francia. Allí se hace minero y descubre la miseria, el alcoholismo, las relaciones sexuales sórdidas, la indecencia de hombres como Chaval o la generosidad de Toussaint Maheu; en suma, un mundo de hombres condenados al sufrimiento por el capital. Así es como se compromete con la lucha socialista. Pero algo brilla en medio de tanta miseria: el amor entre Etienne y Catherine. De repente, una bajada de los sueldos provoca una terrible huelga que será duramente reprimida por el ejército; a pesar de todo, él mantiene la esperanza de que toda esa sangre no se haya derramado en vano. (FILMAFFINITY)

%d bloggers like this: