Datos sobre as Eleccións Galegas 2012

23 Out

Eu son dos que pensa que a mellor valoración dos datos dunhas eleccións ven dada polo estudo en profundidade dos resultados.

As cifras totais non vou a repetilas xa que están dispoñibles na web:

http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU11999CM_L2.htm

Algo importante a ter en conta é que aínda non se computan os votos dende o exterior.

Isto inflúe sobre todo nos datos de abstención que neste momento non son reais. Agora mismo estanse a comparar os datos da abstención no 2009 tendo en conta a abstención exterior, cos do 2012 faltando todavía o reconto dos votos do censo exterior.

Isto é importante porque estímase que dos 300.000 eleitores no exterior soamente faran efectivo o seu dereito un dez por cento. Isto fai variar a porcentaxe de abstención aumentándoa e facendo maior o diferencial coas eleccións anteriores.

Esta é a razón de que as cinco da tarde do domingo electoral o diferencial co 2009 na abstención era de 7 puntos (estábanse a comparar os datos do 2012 cos datos de fai 4 anos a mesma hora, é dicir, sen ter en conta o voto exterior) , e por contra os datos de abstención ao peche dos colexios no 2012 comparábanse cos totais do 2009 incluíndo a abstención no voto exterior.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: